7 abr. 2011

A BISBARRA DE ORDES COOPERA CON OUTROS ONCE TERRITORIOS


O Grupo de Desenvolvemento Rural (G.D.R.) "ASDECOMOR" asinará un convenio de cooperación con outros once territorios (9 galegos e 2 asturianos) para a execuciòn do proxecto "Nuevos Horizontes" que ten como obxectivo impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio vexetal e o fomento de novas producións demandadas polos mercados.

http://proyectonuevoshorizontes.blogspot.com/

O acto formal da sinatura do convenio realizarase o próximo venres 8 de abril de 2011 ás 13:00 horas no Hotel Barreiro da localidade de Ordes e protagonizarano o Presidente de Asdecomor, Mariano Igrexas Castro e os representantes legais dos outros once grupos implicados. Posteriormente celebrarase unha comida de confraternización e intercambio de experiencias.

7 feb. 2011

PRESENTACION DO PROXECTO DA REDE RURAL NACIONAL BIOES2.


O obxectivo estratéxico de BIOES é avaliar e valorar de forma obxectiva a achega que os territorios rurais fan as zonas mais desfavorecidas das rexións, co fin de provocar un cambio de paradigma acerca do valor do medio rural.

A unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA, en colaboración coa Fundación Intercoop (Castellon-Valencia) e as Universidades de Valencia, Madrid e Vigo pretenden, con este proxecto, desenvolver unha ferramenta, un sistema, e/ou un método científico contrastado para determinar as achegas económicas e sociais que fai un territorio rural ás zonas desenvolvidas, de forma que o seu papel sexa mais valorado económica, social e politicamente.

Desde AGACA, conxuntamente co Grupo de Desenvolvemento Rural ASDECOMOR, convocámolo para o vindeiro luns 14 de febreiro, no Restaurante O Túnel de Ordes a presentación do Proxecto BIOES2.

Os puntos da orde do día son os seguintes:

13 dic. 2010

ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS

Reunión ordinaria da Asemblea Xeral de socios da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, que terá lugar o vindeiro xoves día 30 de decembro as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 horas en segunda convocatoria, na Casa da Cultura de Ordes, sita na Rúa Galicia s/n do Concello de Ordes.

A orde do día é a que de seguido se expón:
• Aprobación, se procede, da acta anterior (17/12/2009)
• Aprobación, se procede, da liquidación de contas do exercicio 2009.
• Aprobación, se procede, do orzamento do exercicio 2010.
• Aprobación, se procede, dos gastos de funcionamento do exercicio 2011.
• Programa Leader Galicia 2007-2013. Estado actual e resumo de actuacións.
• Rogos e preguntas.

3 nov. 2010

REUNION ORDINARIA DA XUNTA DIRECTIVA

O vindeiro xoves, 11 de novembro de 2010, as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30horas en segunda convocatoria, na sede da Asociación, sita na Rúa Galicia s/n (Oficina Comarcal Xunta de Galicia) da localidade de Ordes, terá lugar unha reunión Ordinaria da Xunta Directiva.

A orde do día da devandita reunión é a que de seguido se expón:
1. Aprobación, se procede, das actas anteriores (08/07/2010 e 28/07/2010)
2. Programa Leader Galicia 2007/2013.
2.1 Selección / non selección de proxectos verificados/non verificados por AGADER. Acordos que procedan.
2.2 Baixas, desistencias e renuncias dos expedientes. Acordos que procedan.
2.3 Activación de expedientes en reservas de fondos.
2.4 Información de novos proxectos presentados.
2.5 Informe de situación do Proxecto de Cooperación "Nuevos Horizontes"
3. Rogos e preguntas.

1 oct. 2010

REUNION PROYECTO "NUEVOS HORIZONTES"

O mércores 20 de outubro realizouse en Ordes, na sede do Grupo Coordinador do Proxecto de Cooperación "Nuevos Horizontes", unha reunión sobre dito proxecto.
Coa seguinte orde do día:
1. Reunión da REDE RURAL cos grupos Coordinadores e Redes Nacionais celebrada o 8 de outubro de 2010: conclusións e suxerencias.
2. Problemática dos gastos de persoal.
3. Informe da situación do proxecto e accións a realizar polos grupos
4. Acceso o financiamento para a execución do proxecto: situación actual
5. Consideracións para a xustificación da execución do proxecto.
Para mais información: http://proyectonuevoshorizontes.blogspot.com/

1 sept. 2010

XORNADA DE PRESENTACION "NUEVOS HORIZONTES"

O vindeiro mércores 15 de Setembro, terá lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo - A Coruña) a presentación do proxecto de cooperación "Nuevos Horizontes".Para esta Xornada están convocados, os principais axentes que desempeñarán un papel clave no desenvolvemento do proxecto, como son os centros de investigación agraria, bancos de terras, centros de formación, oficinas agrarias comarcais, cooperativas agrarias, entidades de inclusión, organizacións agrarias e demais técnicos.
Esta Xornada ten entre os seus obxectivos o de servir como punto de encontro entre os distintos axentes e dar a coñecer as liñas de traballo que están desenvolvendo os centros de investigación en relación a recuperación de cultivos tradicionais.
Para mais información: http://proyectonuevoshorizontes.blogspot.com

15 jul. 2010

REUNIÓN DO PROXECTO DE COOPERACIÓN “NUEVOS HORIZONTES”

O pasado martes 13 de xullo tivo lugar, no local da "Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes", unha reunión do Proxecto de Cooperación "Nuevos Horizontes". Dito proxecto pretende identificar, ensaiar e difundir cultivos tradicionais e de novas producións que poidan xerar emprego agrario, conectando estas producións con demandantes de emprego e con mercados para estes produtos .
A reunión acudiu o persoal técnico dos doce grupos que representan o proxecto así como un Técnico da Universidade de Santiago de Compostela.

Os puntos que se trataron na mesma foron os seguintes:

1. REFORMULACIÓN DO PROXECTO DE COOPERACIÓN "NUEVOS HORIZONTES" E ACCIÓNS A EXECUTAR.
2. CULTIVOS IDENTIFICADOS DE INTERES PARA CADA TERRITORIO.
3. LANZAMENTO DO PROXECTO (XORNADAS).
4. PAPEL DAS ENTIDADES DE INCLUSIÓN SOCIAL E DAS COOPERATIVAS NO PROXECTO.
5. ACCIONS A REALIZAR DURANTE O PRIMEIRO AÑO. PROPOSTA